15 noviembre 2006

Hermano con Premio

Mi hermano tiene un premio:
A páxina web VALMINOR.INFO e o seu director Pedro Telmo reciben o IV premio de xornalismo Nano Cambeiro. O premio consiste nunha escultura de Fernando Casás.
O Premio de Xornalismo NANO CAMBEIRO foi instituído polo Instituto de Estudos Miñoranos para lembrar ao xornalista e ao amigo. Cumprindo co establecido na convocatoria, faise pública a súa resolución ao cumplirse o quinto aniversario da irreparable perda do xornalista Nano Cambeiro.
Nesta Cuarta Edición, o premio concedéuselle á web VALMINOR.INFO e ao seu máximo responsable Pedro Telmo. Deseñador gráfico miñorán.
Anos máis tarde orientou o seu traballo profesional cara o deseño de aplicacións informáticas e entornos webs. Na actualidade é responsable de deseño e comunicación na empresa galega de enxeñería Iterdata Networks.
Outra das súas grandes paixóns deste deseñador é o Val Miñor, que conxugado coa súa actividade profesional e cun presuposto de 120€ anuais deu como froito o nacemento o 19 de Setembro de 2003 o portal VALMINOR.INFO que pouco a pouco foi medrando en contidos, novas, axenda de eventos, foros de discusión, enquisas, ...e mudando o seu deseño. Nacía así un punto de encontro que permitiu impulsar novos proxectos de promoción do Val Miñor en todos os eidos : culturais, patrimoniais e turísticos.
No ano do 2003 VALMINOR.INFO recibiu dende o seu comezo en agosto 2.500 visitas reais. No ano 2004 recibiu 18.500 visitas reais. No ano 2005 recibiu 29.400 visitas reais. Neste ano 2006 leva unha media de 7.000 visitas mensuais que fan un total ata o día de hoxe 68.000 visitas. Isto supón un crecemento dun 79% dende o ano 2004. Conta cunha comunidade de 300 usuarias e usuarios rexistrados que participan nos foros e están subscritos aos boletíns de información.
O premio, sen dotación económica, consiste nunha peza de bronce obra do escultor e membro do Instituto de Estudos Miñoranos FERNANDO CASÁS, que se funde para entregar en cada convocatoria. A obra escultórica será entregada ao premiado nun acto público a realizar nos meses vindeiros.
Nos edicións anteriores o premio recaeu en Xosé Luís Méndez Ferrín, Francisco Fernández del Riego e David Reinero González. A Xunta de Goberno do IEM acordou tamén convocar o Quinto Premio de Xornalismo “Nano Cambeiro” para artigos publicados ao longo do ano 2006.

4 Comments:

Anonymous Anónimo said...

ese pedrito!! vaya familia de artistas! un pixelbesazo from sabarís!

16 noviembre, 2006  
Anonymous Anónimo said...

EH! Felicidades! me alegro por tu hermano y por tí que se te nota anchote de orgullo. Bueno a mi tambien me han dado un premio: Me han concedido la pegatina verde de la ITV con validez por todo un año, era la primera vez que me la daban y también me hizo ilusión... y me dijeron que la pegue delante en el cristal porque asi la ve todo el mundo y también los señores de verde (se ve que si vas de verde te gustan las pegatinas verdes, no sé). Bueno disfrutad el premio y dile a tu madre que os haga tartaletas de fresa ummm!

Un besito

Paz

17 noviembre, 2006  
Blogger ivan erre said...

pasita, eres la chispa del pisito!!
queremos que te pases siempre, a de shoras de mañana de cafés, de repente, y de trás.
sincerely yours.
pixel family.

18 noviembre, 2006  
Anonymous Anónimo said...

merci

20 noviembre, 2006  

Publicar un comentario

<< Home